Ca . Es . Fr . Gl . It . Pt . Ro

II Congreso Internacional de Neoloxía das Linguas Románicas

Presentación
presentación
organización
programación
propostas de comunicación
inscrición
informacións prácticas

Dando continuidade ao I Congreso Internacional de Neoloxía das Linguas Románicas (Cineo2008), que tivo lugar en Barcelona no mes maio de 2008, o Proxecto TermNeo (Observatório de neologismos do português brasileiro contemporâneo) e a Faculdade de Filosofia, Letras e Ciências Humanas da Universidade de São Paulo están organizando o II Congreso Internacional de Neoloxía das Linguas Románicas (Cineo2011), co apoio de diferentes organismos académicos e administrativos, nacionais e internacionais.

Este congreso terá lugar en São Paulo, na Universidade de São Paulo, do 05 ao 08 de decembro de 2011, en homenaxe ao Prof. Dr. Evanildo Bechara, eminente gramático da língua portuguesa e membro da Academia Brasileira de Letras.

O Cineo2011 está dirixido a investigadores, grupos de investigación e organismos, públicos e privados, e a todas as persoas interesadas na creación lexical e no desenvolvemento do léxico das linguas románicas. As mudanzas que ocorren en todos os grupos sociais reflíctense no léxico das linguas e estas necesitan crear novas palabras que amosen o avance científico, tecnolóxico, artístico, económico e social, polo que pasa esa sociedade nun determinado momento da súa historia. Esas novas palabras son creadas cos recursos vernaculares dos que dispón unha lingua, xa herdados do latín no caso das linguas románicas, ou recibidas doutros idiomas, especialmente o inglés, nos dias contemporáneos.

A vitalidade das linguas románicas, así como as influencias que reciben doutros idiomas, será especialmente debatida neste congreso, que tamén se abre para cuestións máis amplas coma os aspectos teóricos, metodolóxicos, gramaticais e tipolóxicos da neoloxía, ben coma as súas relacións coa informática e coa sociedade contemporánea, entre outras.

Todos as persoas interesadas na neoloxía das linguas románicas están convidadas a presentar unha proposta de comunicación.



Linguas do Congreso

As linguas do Congreso son tódalas linguas románicas.

Lugar de celebración

Departamento de Letras Clássicas e Vernáculas
Faculdade de Filosofia, Letras e Ciências Humanas
Universidade de São Paulo
Av. Luciano Gualberto, 403
05508 900 São Paulo, Brasil

Contacto

cineo2011@usp.br


 

     



Faculdade de Filosofia
Letras e Ciências Humanas